Esta proposta é unha proposta moi discreta, que reduce ao mínimo os elementos construídos para que toda forza e protagonismo recalan no antigo estaleiro. Interesa que a carpintaría se conserve, como peza de museo por si mesma, sen desvirtuar o seu valor histórico e auténtico. A proposta respecta e revaloriza o aspecto formal orixinal, dunha gran sinceridade e sinxeleza construtiva, característica da arquitectura popular mariñeira espontánea.
Como premisa de partida, establécese a necesidade de que o esta leiro poida verse dende fóra, sen entrar, mantendo o aspecto e accesibilidade visual orixinais pero garantindo a perfecta protección e peche deste. Formúlase un recinto museístico autónomo sen a necesidade de prever persoal fixo ningún.
Non se duplican espazos dotacionais nin se acondicionan zonas para outros usos: Formúlase que a carpintería forme parte da importante infraestrutura museística existente en Bueu , podendo organizarse visitas guiadas ao seu interior para grupos controlados e reducidos en determinados horarios e circunstancias.