O principio básico desta proposta non é outro que respectar a forma arquitectónica, a funcionalidade do ben e a conservación dos materiais orixinais, nun afán de enlazar o presente co pasado a través do máximo respecto á sinxeleza construtiva da cultura popular mariñeira.
A idea é manter o carácter orixinal do ben cultural, conservando a súa identidade. Para iso, proponse manter inalterable o espazo nuclear básico, a construción que data de 1907, eliminando o peche engadido de bloque de formigón do sur, e reconstruílo empregando a madeira recuperada e reciclada do propio interior.
Outros principios de intervención que se vertebran na proposta son:
Na proposta que vedes a continuación destácanse as diferentes zonas que tería a rehabilitación do Estaleiro:
Trátase pois de converter o estaleiro nun espazo cultural e pedagóxico, para conseguir que se sigan construíndo barcos polas persoas das asociacións, ou calquera do pobo que así o solicite, e que á súa vez estea visitable e se interprete o propio edificio e a actividade tradicional, para permitir que o visitante poida coñecer o seu espazo orixinal dunha maneira didáctica. Para iso, a actuación museográfica interpreta os distintos espazos e ambienta o seu carácter tradicional, tendo presente a accesibilidade e a sostib ilidade como factor indiscutible.
No plano poden verse as áreas nas que se divide a actuación:
Actuar para conservar o estaleiro implica entender que non só falamos dunha cuberta e duns soportes de madeira, senón dunha arquitectura específica. Conservar o construído sen desvirtualo é fundamental, senón sería unha reprodución dun parque temático. Por todo iso, este proxecto atende á recuperación integral do estaleiro, pero non coa pretensión da volta ao seu estado orixinal, senón partindo da idea de facer del un sitio vivo, activo, como un lugar onde coñecer e ver a tradición da construción de ribeira e a súa relación co mar.
A proposta asume tamén que, sendo en esencia unha simple sombra, para o seu funcionamento e resolución museográfica hai que dotar ao estaleiro dun lugar pechado e controlado.
A continuación podedes ver un plano coas principais zonas desta proposta de rehabilitación:
O proxecto para a conservación e utilización do estaleiro da Banda do Río, formúlase baixo a idea de ecomuseo, entendido como un proceso dinámico co cal a comunidade preserva, interpreta e valora o seu patrimonio para o desenvolvemento sostible.
Neste senso, o proxecto articúlase baixo as ideas de centro de interpretación e divulgación por un lado e un centro de experiencia da carpintería de ribeira por outro, onde se poidan levar a cabo labores de reparación, construción de embarcacións institucionais de entidades tales como o Museo Massó ou as propias da Asociación de Embarcacións Tradicionais Os Galos.
O programa adecuarase dunha maneira respectuosa no interior da estrutura do estaleiro, facendo unha lectura baseada na dignificación do espazo.
Desta maneira, a proposta formúlase como unha plataforma de madeira que vai delimitando, cualificando e protexendo o ámbito ao seu paso, pretendendo recuperar e poñendo en valor a memoria do lugar. O novo volume de entrada formúlase cun carácter provisional, reversible, cunha idea de construción efémera, entendida como un novo crecemento produto da necesidade ó igual que o foron no seu momento a construción dos diferentes alboios que hoxe configuran o conxunto.
O programa de necesidades busca acomodo ó longo dos diferentes espazos que configuran a estrutura do conxunto. O volume de entrada, a modo de peza polifuncional permite a versatilidade de usos sendo susceptible de acomodarse as posibles variables e necesidades requiridas.
As plataformas permiten albergar unha multiplicidade de usos que poderán estar ligados coa industria da carpintaría de ribeira, coa realización de talleres, aulas, encontros, espazos para a estancia, para o traballo, etc.
O carácter da proposta está baseado na conservación e nun tratamento de cirurxía, que permita mostrar dende as pequenas actuacións de reparación, consolidación ou recambio o carácter orixinal do conxunto. A proposta pretende mostrarse de maneira silenciosa, non interferindo no carácter deste tipo de edificacións que foron crecendo acorde as necesidades de cada momento.