O Estaleiro da Banda do Río, coñecido como Estaleiro de Purro, atópase na Avda. de Montero Ríos ao carón da praia da Banda do Río e está ligado íntimamente á historia marítima recente do Concello de Bueu. Foi a derradeira carpintería de ribeira en activo, nela traballaron e se formaron moitos profesionais e veciños; nela construíronse infinidade de embarcacións, algunhas delas en activo..

oestaleiro

O seu peculiar aspecto convertíuse en parte da paisaxe urbana de Bueu, actuando como referente do noso concello. A súa imaxe é vínculo de unión entre o pobo de Bueu e o seu pasado, sempre vencellado aos barcos e ao mar.

A rehabilitación supón a posta en valor dun patrimonio industrial tradicional, dos elementos da arquitectura tradicional mariñeira a través do proxecto museístico previsto e ao mesmo tempo de aparellos e ferramentas de traballo.
Ademais a conservación deste patrimonio marítimo contribuirá á diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima, hacia actividades de turismo sostible e creación de emprego no sector turístico e cultural, a través do impulso de actividades de índole cultural e turística.

Esta rehabilitación realizarase en 2 fases. A primeira conta co financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra a través do Plan Concellos e a segunda co da Consellería do Mar e o FEMP a través do programa de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP).

conselleria mar

UE

GAC

LogoConcelloCor